lunes, 23 de enero de 2023

Actividade 15: Calidade das augas.

1. Comente a gráfica indicando os procesos que se produciron no río e as súas causas (utilice as letras da parte inferior da gráfica como referencia de sucesivos tramos do cauce). 

Como podemos observar na seguinte gráfica, dende a súa orixe, o punto 0, ata o punto A, o río leva a auga limpa. Deste xeito, a cantidade de osíxeno disolto é alta, os sólidos en suspensión son escasos e a Demanda Biolóxica de Osíxeno, a DBO, é baixa. Agora ben, no punto A prodúcese un vertido sen depurar, tratándose probablemente de augas residuais cun alto contido en materia orgánica. Deste xeito, podemos observar que, inmediatamente, aumenta a cantidade de sólidos en suspensión, así como a DBO. A continuación, no punto B practicamente desapareceron os sólidos en suspensión, mais a cantidade de carbono disolto na auga todavía debe de permanecer alta, xa que a DBO aínda é importante e a cantidade de osíxeno é baixa. Finalmente, no punto C, o río recuperou totalmente a calidade da súa auga: o osíxeno disolto volve a ter valores altos, a DBO baixou considerablemente e non hai practicamente sólidos en suspensión. En conclusión, a gráfica pon de manifesto a capacidade de autodepuración dunha corrente fluvial. 

 2. Que é a DBO? Que relación garda a súa variación ó longo do cauce coa variación da concentración de osíxeno? Que ocorre cos sólidos en suspensión ó longo do proceso? 

A DBO, isto é, a Demanda Biolóxica de Osíxeno trátase da cantidade de osíxeno necesaria para oxidar biolóxicamente (dito doutra maneira, para respirar) a materia orgánica contida nun determinado volume de auga. Así, a DBO e a cantidade de osíxeno disolto (OD) atópanse en relación inversa: se aumenta a primeira, necesariamente ten que descender a segunda, así como a segunda soamente pode ser alta se a primeira é baixa e o medio está o suficientemente axitado como para facilitar a disolución do osíxeno. Agora ben, ó longo do cauce, a cantidade de osíxeno é alta ó principio, mais descende bruscamente no punto do vertido, mostrando, pois, que se trata dun vertido cunha alta concentración de materia orgánica. Con todo, recupérase lentamente ata que no punto C alcanza valores similares ós que tiña antes do vertido, indicando así que o proceso de autodepuración rematou. 

 3. Que outros parámetros químicos se miden para determinar a calidade das augas? 

 Para determinar e medir a calidade das augas pódense utilizar outros indicadores tales como o COT, o DQO, o DBO5 ou o pH. Primeiramente, o COT, é dicir, o Carbono Orgánico Total é a concentración de carbono procedente de materia orgánica que se atopa nun determinado volume de auga. A continuación, o DQO, ou Demanda Química de Osíxeno, trátase da cantidade de osíxeno necesaria para oxidar por métodos químicos (sen intervención ningunha da actividade biolóxica) a materia orgánica presente na auga. Por outro lado, o DBO5 é a cantidade de osíxeno necesaria para oxidar biolóxicamente, mediante a respiración aerobia, a materia orgánica contida nun determinado volume de auga, tras cinco días de repouso. E por último, o pH constitúe a acidez da auga, cuxos valores normales deben indicar un medio neutro, estando este próximo a 7. Así, uns valores moi baixos indican un medio ácido que pode conter metais pesados en disolución, mentres que outros valores altos mostran unha actividade descompoñedora, ou mesmo vertidos industriais.

1 comentario:

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acu...