A importancia da auga para o ser humano (así como para a vida en xeral) é
evidente, observando xa como a porcentaxe de auga no noso corpo case corresponde
coas dúas terceiras partes. Neste sentido, está presente nos tecidos corporais,
ademais de manifestarse nos órganos vitais. É tamén un elemento fundamental para
procesos corporais vitais, polo que podemos dicir que non poderíamos sobrevivir
moito máis de tres ou catro días sen beber auga. Con isto, a auga é esencial
para o desenvolvemento de procesos orgánicos tales como a dixestión, e mesmo na
absorción e eliminación de desechos. Trátase da estrutura do sistema
circulatorio, ademais de distribuír nutrintes por todo o noso corpo a través do
sangue. Outros dos seus principais beneficios para a vida humana son: mantén a
temperatura somática ó eliminar a calor sobrante coa súa salida en forma de
transpiración e vapor mediante a pel, alivia a fatiga, evita dores de cabeza e
reduce os riscos de problemas cardíacos. Finalmente, a importancia da auga vese
non soamente no noso corpo, senón que tamén pode apreciarse a través das
actividades realizadas pola sociedade humana. Así, úsase principalmente un 70%
na agricultura, un 15% na industria e o outro 15% para o noso uso doméstico,
estando todo isto claramente relacionado co noso modo de vida e sobrevivencia.
2Como se formou a hidrosfera?
Como dixeramos na actividade anterior (ver
actividade 13), aproximadamente 4000 millóns de anos atrás, os volcáns
enfriáronse, expulsando así grandes cantidades de vapor de auga, que a súa vez
formaron nubes. Ó enfriarse estas mesmas, deron paso á precipitación, ata formar
ríos, mares e lagos. Deste xeito, a hidrosfera formouse pola condensación e
solidificación do vapor de auga contido na atmosfera primitiva.
3 A auga é un
recurso vital. Que quere dicir a frase "a auga é un recurso renovable pero
limitado".
Ainda que podamos pensar que a auga é un recurso ilimitado, o certo é que
cada vez se trata dun ben máis limitado. A pesar de que a Terra cúbrese cerca
dun 71% de auga, o tipo de auga doce esencial para a vida soamente representa un
2.8%. Non obstante, desa última porcentaxe: un 77% atópase en forma de xeo e
neve, un 21.3% é a auga doce do subsolo, un 0.69% está nos lagos, ríos, pantanos
e outros reservorios, e finalmente, o 0.1% restante é a auga doce das plantas e
animales. En resume, soamente arredor dun 22% de auga doce está disponible para
o consumo directo. Ademais, cómpre salientar que non toda a auga doce é potable:
para que se poda beber, a auga ten que ser potabilizada, id est, ten que sufrir
un proceso de eliminación de microorganismos patóxenos e minerais. E por último,
outro dos factores que limitan a auga como recurso renovable é o seu uso
excesivo, especialmente nos países máis desenvoltos, e comodidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario