1.Hai dúas grandes forzas ou enerxías que manteñen no tempo o ciclo do auga, ao permitir o movemento ascendente e descendente desta. Cales son e como actúan?
O ciclo da auga é principalmente impulsado pola enerxía solar. Xa que o Sol quenta a superficie dos océanos e doutras augas superficiais, polo que se evapora a auga líquida, transformándose deste xeito en vapor de auga. Por outra parte, o segundo elemento fundamental é a gravidade, xa que sen esta os ríos non volverían ó mar.
2.Fai unha pequena redación explicando as etapas do ciclo do auga. Empeza cando a chuvia cae sobre un campo. Lembra que, ao ser un ciclo, tes que rematar no mesmo sitio.
A medida que o vapor de auga se enfría e condensa, as gotas vanse facendo cada vez máis maiores ata caer debido ó seu propio peso. Isto forma a denominada precipitación. Neste sentido, cando as temperaturas son especialmente baixas, poden cristalizarse e as precipitacións acaban en granizo ou mesmo neve.
A continuación, prodúcese o fenómeno da escorrentía: a forza de gravidade fai que a auga líquida se desliza para abaixo pola superficie do terreo, mediante os ríos, ata finalmente volver ó seu punto de partida: o mar. Non obstante, parte desa auga pode non ser superficial, como acabamos de ver, senón que tamén pode infiltrarse subterraneamente, formando, pois, unha circulación subterránea. Isto último é debido principalmente polas plantas que absorben aquela auga, que pode rematar no mar ou permanecer baixo terra.
Con todo, grazas ós efectos do Sol, a auga dos océanos e outras superficiais evapóranse acabando en vapor de auga na atmosfera. Do mesmo xeito, ocorre un fenómeno denominado evapotranspiración: as plantas transpiran e prodúcese tamén unha sublimación, id est, a superficie dos glaciares transfórmase en auga gaseosa.
3. Define: escorrentía superficial; evaporación, infiltración, evapotranspiración.
Escorrentía superficial: é a precipitación que discorre sobre a superficie do terreo pola acción da gravidade sen infiltrarse no chan.
Evaporación: é o cambio do estado da materia de líquido a gaseoso, por efecto da temperatura. Neste caso, é o cambio da auga líquida a gaseosa, ou vapor de auga.
Precipitación: é a caída de auga dende a atmosfera ata a superficie terrestre. Isto prodúcese debido ó peso da propia auga que cae provocando precipitacións tanto líquidas como sólidas.
Infiltración: trátase do movemento descendente da auga dende a superficie da Terra ata o chan ou as rochas porosas. Así, unha porción da auga que cae como precipitación infíltrase no chan.
Evapotransporación: é a combinación de dous procesos: en primeiro lugar, trátase da evaporación dende o chan e dende a superficie cuberta por plantas; e é tamén a transpiración dende as follas das plantas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario