domingo, 20 de noviembre de 2022

Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)

 1.As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?

  De xeito xeral, as augas continentais son todas aquelas masas de auga en estado líquido que se encontran nas rexións continentais do planeta. Son augas doces xa que son as xeradas a partir da precipitación, que provén a súa vez da evaporación das augas mariñas, mais aquela salinidade propia deste tipo non se evapora, dando, pois, lugar ás augas doces.

2.Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.

Condensación: é o proceso no que a auga en forma de vapor de auga sube e condénsase formando as nubes, constituídas por auga en gotas minúsculas.

Glaciar: trátase dunha masa grande de xeo formada na superficie terrestre pola acumulación, compactación e cristalización da neve, mostrando así evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade.

Río: é unha corrente de auga que flúe dende o seu nacemento ata a súa desembocadura noutro río, lago ou no mar. Un río pode ser máis ou menos caudaloso dependendo das súas partes, así como pódense alimentar de varias formas como as precipitacións, os manantiais, a escorrentía terrestre, entre outros.

Lago: é unha masa de auga continental superficial estable e estática. Deposítanse en depresións sobre o terreo formando corpos de augas temporais.

 Humedal: trátase dunha superficie cuberta de auga, de orixe natural ou artificial, permanentes ou temporais. Poden tamén estar correntes ou estancadas, así como doces ou salgados e subterráneos ou mesmo a pouca superficie.
3.As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?

A salinidade dos océanos provén das rochas que se atopan na terra: os dous iones máis comunmente encontrados son o cloruro e o sodio, representando así un 90% de todos os iones disueltos no mar. 

4.Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda


Nivel freático: vén marcado pola profundidade que alcanza a capa superior da auga acumulada no subsolo. Alí, a presión é similar á atmosférica. Baixo a superficie terrestre, a distinta distancia, pode haber acumulacións de auga que se forman por filtracións.

Marea: trátase do movemento que realizan as augas do mar ó descender e ascender de maneira alternativa e periódica. Ademais, a lúa exerce unha forza de atracción gravitatoria sobre o planeta Terra: a marea é o efecto destas forzas sobre os océanos.

Corrente mariña: estas correntes transportan calor no planeta polas augas do océano: poden ser frías ou cálidas, o que as converte nun importante modificador dos climas, xa que levan augas de diferente temperatura que a das zonas oceánicas que atravesan.

Onda: perturbación que se propaga desde o punto en que se produxo ata o medio que rodea ese punto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acu...