domingo, 20 de noviembre de 2022

Actividade 10: Gradente vertical de temperatura na atmósfera.

 A actividade consiste en explicalo indicando as causas destas variacións.


A temperatura do aire nas zonas baixas da troposfera débese tanto á acción directa do Sol como á radiación térmica procedente da superficie terrestre. Ó ascender alexámonos desta última fonte de calor, polo que é normal que a temperatura descenda. Neste sentido, por encima da troposfera atópase unha zona de transición, a tropopausa, que é fundamentalmente isoterma.

Agora ben, na estratosfera prodúcese unha inversión da tendencia, aumentando a temperatura ca altitude. Así, a causa deste quecemento é a presenza da capa de ozono, xa que absorbe radiación ultravioleta procedente do Sol e prodúcese un aumento na axitación térmica das súas moléculas.

Por outra parte, volvemos a encontrar unha isoterma, a estratopausa, por encima da cal se atopa a mesosfera. Nesta última, prodúcese outra inversión, diminúendo a temperatura ca altitude ata alcanzar a súa zona máis alta, sendo así a rexión da zona máis fría de toda a atmosfera.

Finalmente, tras outra zona isoterma comeza un novo aumento da temperatura ca altitude. Nesta zona, a termosfera, o osíxeno está absorbendo radiación ultravioleta coa conseguinte ganancia de enerxía cinética que aumenta a cantidade de choques entre as escasas moléculas que alí se atopan. Neste sentido, a temperatura pode alcanzar centenares de graos debido á interacción entre os gases atmosféricos e as partículas de alta enerxía procedentes do Sol.

1 comentario:

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acu...