lunes, 30 de enero de 2023

Actividade 23: A Litosfera (parte 1)

 1.Que é a Litosfera?

É a capa superficial sólida da Terra, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola cortiza e a zona máis externa do manto, e mantén un equilibrio isostático sobre a astenosfera, unha capa ``plástica´´ que forma parte do manto superior.

2.A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?

Porque a  litosfera está dividida en fragmentos chamados placas litosféricas. Estas poden presentar distintas dimensións que poden variar co tempo chegando mesmo a desaparecer, pero que teñen en común desprazarse na mesma dirección e o mesmo sentido. As placas litosféricas móvense unhas con respecto a outras, impulsadas desde o interior terrestre pola redistribución da calor interna. É xustamente nas zonas de interacción onde se desenvolven os procesos de vulcanismo, sismicidad e creación de relevo.

3.Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.

É un fragmento de litosfera relativamente ríxido que se move sobre a astenosfera e as princiais placas son : A Placa Africana, Antártica, Australiana, Euroasiática                       ,a Norteamericana ,a do Pacífico e a Sudamericana.

4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?

O tres tipos de movemento de placas son diverxentes, converxentes e de límites de placas de transformación. A diverxencia ocorre cando dúas placas tectónicas afástanse da outra. Un límite converxente é cando dúas placas chocan. Un límite de placa de transformación prodúcese cando dúas placas deslízanse unha sobre a outra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acu...