1.Cal é a diferencia entre as ondas P e S? como hai que interpretalas?
Distínguense dous tipos de ondas sísmicas: as ondas P (primarias), que son as máis rápidas e as súas partículas vibran na mesma dirección ca a onda mediante movementos de compresión e descompresión; e as ondas S (secundarias), cuxa velocidade é menor e as súas partículas vibran perpendicularmente á traxectoria da onda.
Ademais, como podemos ver neste caso, as ondas P poden atravesar materiales tanto físicos como líquidos. Na discontinuidade de Gutenberg que podemos apreciar a continuación vese claramente aquel cambio: as ondas P diminúen a súa velocidade, pero aínda están presentes.
As ondas S, en cambio, soamente poden atravesar materiais sólidos e físicos, de modo que na discontinuidade antes mencionada non proseguen a súa ruta.
2.As discontinuidades: que son? que tipos hai? como se interpretan?
As discontinuidades sísmicas son zonas nas que se producen cambios bruscos na velocidade das ondas P e S, así como son os límites entre dúas capas. Deste xeito, existen catro discontinuidades: a de Mohorovic entre corteza e manto, a unha profundidade media duns 35 km; a de 670 km entre manto superior e inferior; a de Gutenberg entre manto e núcleo a uns 2900 km; e finalmente, a de Lehmann a 5100 km.
Con isto, como podemos ver na gráfica a continuación, estas discontinuidades producen un certo descenso da velocidade de ambas ondas. Ó igual que dixemos na pregunta anterior, as ondas P e S sepáranse definitivamente na discontinuidade de Gutenberg, debido ó cambio de material.
No hay comentarios:
Publicar un comentario