miércoles, 14 de diciembre de 2022

Actividade 13: A Hidrosfera.

 1.Como se orixinou a Hidrosfera.

Aproximadamente 4000 millóns de anos atrás, os volcáns enfriáronse, expulsando así grandes cantidades de vapor de auga, que a súa vez formaron nubes. Ó enfriarse estas mesmas, deron paso á precipitación, ata formar ríos, lagos e mares. Deste xeito, a hidrosfera formouse pola condensación e solidificación do vapor de auga contido na atmosfera primitiva.


2.Dende o orixe da Terra hai un constante intercambio de auga entre a hidrosfera e o manto o que permite manter o seu volume practicamente constante. Como é ese intercambio?

 A presenza de auga na superficie terrestre é o resultado da desgasificación do manto, que está composto por rochas que conteñen de maneira sólida certa cantidade de substancias (das cales a auga é a máis importante). Así, a auga escápase do manto a través de procesos volcánicos e hidrotermais.  

3.Relacionado co anterior, a medida que a Terra se vai arrefriando os procesos tectónicos vanse detendo. como afecto isto ao auga?

Os científicos estiman que o manto da Terra contén tanta auga como todos os océanos do planeta. A medida que as placas viaxan dende onde se fabrican por primeira vez nas crestas oceánicas ata as zonas de subducción, a auga do mar entra nas rochas a través de grietas, fallas e ó unirse a minerais. Ó chegar a unha zona de subducción, a placa de hundimento quéntase e aprétase, o que resulta na liberación gradual de parte ou a totalidade da súa auga, como explicaramos na pregunta anterior. Deste xeito, poden provocar terremotos, que poden rematar ou non en tsunamis.

4.Podemos facer unha distinción entre as augas doces e salgadas, como se orixinan e en que se diferencian?.

 A auga salgada trátase da auga que contén unha certa porcentaxe, e cantidade, de salinidade. Así, cerca do 71% da Terra está cuberta por este tipo de auga. Porén, a auga doce caracterízase por unha concentración de sal disolta de menos dun 1%.
Agora ben, a salinidade da auga salgada provén das rochas que se atopan no noso planeta, sendo principalmente o cloruro e o sodio os dous iones máis encontrados. Por outra parte, a auga doce xorde a partir da precipitación, que provén a súa vez da evaporación das augas mariñas (ou salgadas), mais toda aquela salinidade propia non se evapora, dando lugar a este tipo de auga. 

Actividade 41: As zonas acuáticas.

  Tanto os biomas como as rexións bioxeográficas son zonas terrestres, pero a maior parte da superficie terrestre esta ocupada por zonas acu...